13/01/16

Un manoxo pola PAZ

Case ao final da súa vida, en 1953, Henry Matisse pintou este cadro usando a técnica de gouache sobre papel cunha s medidas reais de 2,93m x 3,5m. Moi grande! Actualmente este cadro está no Museo de Arte Hammer de Los Angeles. Ao final da súa vida, a Matisse abondáballe cunhas tesoiras para debuxar sobre os papeis que previamente encheran de cor os seus axudantes. Par este cadro, tomou como modelo as follas dunha enorme planta (monstera deliciosa ou costela de Adán)que tiña no seu taller. A nós pareceunos moi acaída para celebrar xuntos o Día da PAZ. Porque sabemos que para construir a PAZ precísanse todas as mans. Un feixe, un mañuzo, un brazado, un manoxo...
TODOS XUNTOS