08/12/16

Pollock: O goteo

A principal técnica artística utilizada por Jackson Pollock era o goteo, así que puxemos mans á obra para facer arte deste modo tan divertido e especial!!










01/12/16

Cámbiache ben o conto!

Este caderno é o resultado dunha proposta de traballo da BE arredor da pintura e a creación literaria. A actividade consistía en seleccionar un cadro dun dos pintores elexidos en cada aula. O alumnado realizou unha transformación das cores orixinais atendendo á súa temperatura (cores cálidas e frías) e a partires de aí, inventaron cadansúa historia para cada unha das versións do cadro. Agardamos que vos guste!!

29/11/16

POLLOCK: Pintamos soplando palliñas

Antes de facer as nosas obras de arte, utilizando palliñas, xogamos a soplar, levando unas boliñas de polispán entre os camiños.Encantounos o xogo, e xa está disponible nun recuncho da clase. Despois fixemos os cadros, e aínda que non temos fotos pois estábamos moi ocupados, podemos mostrar o traballo final!!!









27/11/16

Pollock: pintando con palillos

A pasada semana descubrimos a Pollock, encantounos este artista por que utiliza técnicas moi divertidas!!! Intentamos recrear unha das súas obras pintando con palillos, pasámolo en grande!!!





26/11/16

El grito de MUNCH (5º E.I.)

Esta semana comezamos a traballar o cadro "El grito" de Munch, xa que aparece unha persoa moi asustada e non sabemos porque. Desta maneira, o primeiro que fixemos foi analizar porque ten esa cara de susto e apareceron ideas moi diversas: unha pantasma, unha ola xigante, uns policías, unha tormenta... Despois cada un de nos puxemos esa cara de susto, xa que pintamos o cadro e sustituimos a súa pola nosa, foi un proceso moi divertido.
Se queredes ver todo o proceso de creación dos cadros, premede no seguinte enlace: "El grito" de Munch.


Con a cara de susto fixemos uns gift moi divertidos, e premendo na seguinte imaxe podedes ver cada un deles.

https://goo.gl/photos/bzquiJ5yhNVB5sA79

01/11/16

Conversa na praia, de Luis Seoane

A aula de 5ºA elaborou un mural a partir da obra Conversa na praia, de Luis Seoane, pintor elexido para investigar e aprender dentro do PDI Pintamos Moito. O mural foi pintado con ceras brandas e incorporaron area e cunchas que elas mesmas recolleron na praia.

26/10/16

HABITACIÓN DE VAN GOGH (4º E.I.)

Durante o mes de outubro fixemos actividades para as aulas no marco da PDI: Pintamos moito! Concretamente a actividade chámase Cambiache ben o conto! Que é pintar un cadro dúas veces con cores cálidas (amarelo, laranxa e vermello) e cores frías (verde, azul e violeta). Tocóunos Vincent Van Gogh e o seu cadro "A habitación de Arlés". E, finalmente, crear un conto entre todos.
Primeiro observamos o cadro orixinal, logo en branco e negro, para ver a continuación un pequeno vídeo sobre as cores cálidas e frías ( http://pintamosmoito.blogspot.com.es/2016/09/quente-ou-frio.html). E  logo, pintamos co pincel o cadro con cores cálidas e pegando papeliños no cadro de cores frías. Para facer o conto coñecimos primeiro a mascota da biblioteca do cole, que se chama Leo (http://bemilladoiro.blogspot.com.es/2016/10/historia-de-leo.html), o cadro coas cores cálidas titulámolo "Van Gogh e o dragón" e o de cores frías "A habitación triste"


"VAN GOGH E O DRAGÓN"
Érase unha Van Gogh grande sentado na súa habitación pintando un conto de dragóns. Cando, de repente, saíu do conto e botou lume pola boca enchendo a habitación de cores quentes.
Colorín, colorado este conto esta rematado.

"A HABITACIÓN TRISTE"
Había unha vez unha habitación triste polo frío e pola chuvia. Porque o seu durmente, Van Gogh, marchara a outra habitación máis quente e alegre. 
Con esto e un biscoito ata mañán as oito.



24/10/16

Lecturas de terror


Hoxe iniciamos na biblioteca unha actividade que nos gusta especialmente: a Semana das Lecturas terroríficas. Deron o pistoletazo de saída o alumnado de 5ºA recitando o poema que Rafael Alberti adicou a El Bosco e a súa obra maxistral El Jardín de las Delicias. Autor e obra elexida para investigar neste curso escolar.

23/10/16

Bailando por miedo de PAUL KLEE (5º E.I.)


A mascota da biblioteca, Leo, propúxonos unha actividade moi divertida, titulada Cámbiache ben o conto! Para iso tiñamos que escoller un cadro e transformalo, pintándoo con cores fríos e con cores cálidos. Desta maneira, escollimos o cadro que xa estabamos traballando Bailando por miedo de Paul Klee. Traballamos os cores, clasificándoos, combinándoos... e, despois, escollimos quen os pintaba con cores fríos e quen con cores cálidos. Cando xa estiveron todos feitos inventamos unha historia para cada un deles. No seguinte vídeo tedes un resumo de toda a actividade.


Paul Klee - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

E estas son cada unha das historias que entre toda a clase inventamos.


CADRO DE CORES FRÍAS _ EXCURSIÓN AO POLO NORTE
Estando un grupo de amigos, mamás e papás cos seus fillos, decidiron facer unha viaxe. Non sabían a onde ir e discutían, levantando a man, porque cada un quería ir a un sitio diferente. De repente, alguén suxeriu que poderían facer unha expedición ao Polo Norte e a todos pareceulles unha idea estupenda. Fixeron as maletas e subíronse ao avión para comezar esta nova aventura. Cando chegaron quedaron encantados con aquela paisaxe, todo era branco e fermoso pero comezaban a sentir o frío a pesar de que estaban moi abrigados. Levaron un bo susto xa que atoparon uns lobos “polares” que mostraban os seus dentes afiados pero, por sorte, puideron escapar deles. Ao día seguinte encontraron unha pista de patinaxe e… que risas porque había un can patinando, así que todos quixeron patinar con el,  tanto os maiores como os pequenos.  Tan ben o estaban pasando que quitaron os abrigos pero pouco a pouco comezaron a sentir o frío e non poder moverse, quedaran xeados. Que farían agora? Menos mal cunha mamá non quitara o abrigo e aínda podía moverse un pouco, así que chamou a un helicóptero de bombeiros, que pronto chegaron, estes fixeron unha lume moi grande e foron arrimando a cada un dos patinadores para que así puideran comezar a moverse. Desta maneira, o que aprenderon é que non se pode quitar os abrigos aínda que pareza que fai calor.

CADRO CORES CÁLIDAS _ EXCURSIÓN A ILLA VOLCÁNICA
Un grupo de excursionistas decidiu facer unha viaxe a unha illa moi bonita que tiña un volcán que querían ir visitar. Para iso tiñan que levar todo o que precisaban para escalar e para acampar pola illa. Chegaron a illa en barco e xa buscaron un sitio onde montar o seu campamento. De noite comezaba a facer moito frío e fixeron un lume pero algún dos excursionistas acercáronse demasiado e case queimasen. O día seguinte colleron as súas cousas e comezaron a subir polo camiño, xa que querían chegar ao borde do volcán e ver a lava. Cando estaban no medio do camiño sentíronse uns ruídos e tiveron que poñerse a resgardo porque comezaban a caer pedras grandes. O volcán entrou en erupción, a lava caía ladeira abaixo e queimaba todo o seu paso, así que tiñan que escapar correndo desa illa rapidamente. Baixaron correndo e subíronse ao barco pero este era un velero  e non había vento, como marcharían da illa? De repente comezou unha gran tormenta, que xunto coa lava que caía e as rochas era unha paisaxe que daba moito medo pero que fixo mover ao barco moi rápido e así poder escapar desa lava que tanto queimaba. Desta maneira, puideron chegar cada un as súas casas e poñerse a salvo.

27/06/16

Miró na aula de 3 anos

Os nenos e nenas de 3 anos este ano descubrimos a Miró, pintamos coma el e imitamos unha das súas esculturas...

13/06/16

LEANDRO LAMAS EN 6º E.I.

Este ano conocimos moitos pintores con motivo do proxecto do centro e quixemos rematar na clase de 6º E.I. con Leandro Lamas, xa que ilustrou algúns dos poemas de Manuel María, como por exemplo no libro-CD  Canta o cuco, onde estes son cantados por Uxía e Magín Blando. Desta maneira, primeiro buscamos na biblioteca libros que ilustrara Leandro Lamas, despois visonamos algunha das súas obras e, finalmente, fixemos a nosa propia interpretacións, cada un dun cadro distinto.


















El juego de los niños de BRUEHEL

O martes os nenos e nenas de Educación Infantil fumos  o Museo Etnolúdico de Ponteceso e estivemos analizando o cadro El juego de los niños de BRUEGHEL, que serviunos para coñecer moitos dos xogos tradicionais que agora xa están perdidos.  Na clase de 6º E.I.  buscamo en internet o cadro e fumos recordando algúns destes xogos coa axunda da seguinte páxina web


 Atopamos xogos como a silla da reina, os zancos, o escondite, golper o aro, construccións... e despois coloreamos os xogos que mais nos gustaron.


12/06/16

ACUARELAS DE GALICIA




Despois de repasar os poemas de Manuel María, finalizamos o seu estudio na clase de 6º E.I. co poema de Galicia. Analizamos todos os versos buscando imaxes de Galicia que tiveran montañas, portos mariñeiros, cidades, ríos... tal e como indica o poema. O que mais nos gustou foi a versión de Suso Vaamonde.


Finalmente fixemos as nosas paisaxes de Galicia con acuarela e ceras brandas.

31/05/16

Empanadillas poéticas


Parecen empanadillas, verdade? Pero non son unhas empanadillas calquera. Non. Son empanadillas poéticas! 
Dentro, levan un poema de Manuel María que cada un terá que descubrir e ilustralo. Estes rapaciños de cinco anos son uns artistas

Xurxo Alfeirán e Urbano Lugrís

Xurxo Alfeiran from bemilladoiro on Vimeo.

Visitounos o mestre Xurxo Alfeirán para compartir con nós os seus coñecementos sobre a figura do pintor Urbano Lugrís e a súa estadía en Malpica

30/05/16

Frida Kahlo ( 5º EI )


Continuando co Proxecto de pintura, traballamos a Frida Kahlo. Entre outras actividades fixemos un mural da nosa cara imitandoa, e aprendimos algunas cousas dela, ademáis de contos, por esta web, encantounos!!!
ENLACE WEB: http://infantil.museofridakahlo.org.mx/

As redes de Inés

As redes de Ines from bemilladoiro on Vimeo.

Nenos e nenas de 1º ilustraron este fermoso texto de Elvira Riveiro O resultado é delicioso!

24/05/16

De Peteiro a Manuel María_2º

A aula de 2º realizamos o proxecto que titulamos "De Peteiro a Manuel María", co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2016.
No seguinte vídeo veredes un resumo do proxecto e os fermosos produtos finais.

11/04/16

VAN GOGH : A NOITE ESTRELADA ( 5º EI )



A semana pasada comezamos a traballar o Impresionismo a partir de Van Gogh. O cadro da semana foi A noite Estrelada, pintamos una réplica do mesmo, interpretamos una noite estrelada a partir de trazos curvos facendo nubes e estrelas con asteriscos, e vimos un capítulo de Little Einstein no que se traballa este cadro coa música de Beethoven, encantounos e aprendimos un montón!!!
hipocampillo's noite estrelada van gogh album on Photobucket

10/04/16

AS MENINAS ( 5º I )



Antes de marchar de vacacións de Semana Santa, traballamos a Velázquez a partir dun dos seus cadros máis famosos, As meninas, utilizando as técnicas aprendidas ( picado, pegado, rasgado, ceras blandas, acuarela, plastilina...). Agora, á volta, rematouse o traballo pendente dun peque, e por fin xa temos as nosas 14 interpretacións do cadro no tendedeiro da clase.
hipocampillo's MENINAS album on Photobucket

29/03/16

Cóntame un cadro de... medo

Por fin podemos compartir con vós este traballo que fixemos con motivo do Samaín e achegándonos ao tema que este curso nos ocupa: A Pintura. Cada aula escolleu un cadro que tivese algo de inquietante, de estremecedor... e pediuselle ao alumnado que tentase inventar unha historia. A que lle fora suxerida pola imaxe. Nunhas aulas fíxose como traballo colectivo, e a historia foi inventada a partires das emocións e todos e noutras prantexouse coma un traballo de creación individual, pero todos a partires da mesma imaxe. O que tendes diante é o resultado de tanta imaxinación. Un traballo fermoso.

17/03/16

Derrubando muros con pintura

Derrubando muros con pintura from bemilladoiro on Vimeo.
Os escolares de 5º e 6º realizamos onte unha visita a Carballo para saber algo máis sobre o proxecto municipal Derrubando muros con pintura dentro do noso PDI anual Pintamos moito.
As obras, grandes murais feitos por artistas (carballeses, galegos, italianos, protugueses...) de recoñecido prestixio, xa eran coñecidos polos nenos e nenas, o que nos faltaba a todos era a explicación de como, por que, para que, quen...
Desde agora, todos os miraremos con outros ollos. Grazas ao Concello de Carballo, no só pola iniciativa de engalanar os muros con arte, senón tamén por ofertar esta actividade didáctica.

15/03/16

Pintamos con tapóns (6º E.I.)


Esta semana estivemos probando unha nova técnica, pintar cos tapóns das botellas e os resultados foron moi coloridos. Aproveitamos a visita da pintora galega Viki Rivadulla para decorar unha das súas mariñeiras con dita técnica e, ademais, conmemorar o Día da Muller Traballadora, xa que moitos dos seus cadros xiran arredor deste tema


















Así foi como decoramos con tapóns este fermoso cadro:





Ademáis tamén fixemos a nosa propia rede empregando outro cadro, Redeiras, de Viki Rivadulla:




Finalmente, empregamos tamén a técnica dos tapóns para facer a portada dos traballos de este trimestre:



 


VIKI RIVADULLA NA AULA DE 5º EI



Dentro do Proxecto de centro Pintamos moito, os pequenos de 4 anos investigamos a unha artista de Muxía, Viki Rivadulla. Esta pintora reflexa na maioría das súas obra a forza e o esforzo da muller, sobretodo en relación co mar, e ademáis ten varias obras homenaxe a Rosalía de Castro. Así pois,tendo en conta estas características e sendo o 8 de marzo o Día da Muller, convidámola a vir ó centro. Primeiro fixo unha presentación da súa obra e íamos facéndolle preguntas sobre os cadros, sobre o seu oficio...despois estivo na nosa clase, a dos superhéroes e superheroínas, e axudounos a pintar entre todos un cadro, pasámolo xenial e foi grande descubrimento!!!e ramatou facendo a presentación da súa obra para os cativos de 4º de Primaria!Moitísimas grazas Viki, volve cando queiras!!!
hipocampillo's viki album on Photobucket

14/03/16

Pinacoteca de 5º

Pequenas investigacións do alumnado de 5º sobre os cadros que eles/as mesmos/as escolleron. As ilustracións son fotografías das reproduccións que fixeron (témpera sobre cartón) das obras seleccionadas. Uns artistas!

09/03/16

Visita de Viki Rivadulla

Viki Rivadulla from bemilladoiro on Vimeo.
Hoxe visitounos a artista plástica Viki Rivadulla. Tivo un encontro cos nenos e nenas de Ed. Infantil e, máis tarde, cos de 4º nivel. Sempre é un placer achegar aos nenos e nenas a persoas que lles transmiten coñecementos sobre o seu traballo e moito máis cando o traballo é tan bonito, tan cheo de forza e de cor e forma parte de algo que nenos e nenas fan a diario: PINTAR. Agradecemos desde aquí a boa disposición da pintora e escultora muxiá que non só non puxo ningún inconvinte senón que traballou con eles chea de ledicia. grazas!

04/03/16

Día de Rosalía: os peques de catro anos ( 5º ei )

A semana pasada celebramos no cole o Día de Rosalía, unha pequena mostra do traballo dos superheroes e superheroínas!!



Goya: Palafox a caballo

 


 Una vez acaba la Guerra de la Independencia, Palafox le encargo el retrato a Goya.Este cuadro es la última imagen ecuestre hecha por Goya. El pintor solicitó 100 doblones por el cuadro, pero el general no quería pagarlo. Goya en 1831 murió y su hijo le vendió el cuadro a Palafox. Esta obra fue legada por el hijo del general al Museo del Prado(Madrid).
Ana y Brais.

Maruja Mallo: La sorpresa del trigo


Maruja Mallo nació en Viveiro(Lugo)el 5 de Enero de 1902
Olga e Adrián