Amosando publicacións coa etiqueta contame un cadro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contame un cadro. Amosar todas as publicacións

29/03/16

Cóntame un cadro de... medo

Por fin podemos compartir con vós este traballo que fixemos con motivo do Samaín e achegándonos ao tema que este curso nos ocupa: A Pintura. Cada aula escolleu un cadro que tivese algo de inquietante, de estremecedor... e pediuselle ao alumnado que tentase inventar unha historia. A que lle fora suxerida pola imaxe. Nunhas aulas fíxose como traballo colectivo, e a historia foi inventada a partires das emocións e todos e noutras prantexouse coma un traballo de creación individual, pero todos a partires da mesma imaxe. O que tendes diante é o resultado de tanta imaxinación. Un traballo fermoso.

09/11/15

06/11/15

Contame un cadro de medo: O roubo da cabeza (6º E.I.)

Este ano dentro da PDI do cole, Pintamos moito!, propuxéronnos realizar a actividade CÓNTAME UN CADRO...DE MEDO!. O cadro escollido para a clase de 6º E.I. foi "El espantapájaros" de César Pola.



A partir deste cadro inventamos entre todos un relato de medo. Primeiramente, de maneira individual, cada neno e nena escribiu o que lle pasara o espantallo, puxémolo en común e aqueles personaxes que mais apareceron foron os protagonistas da nosa historia. Finalmente eleximos un título, votámolo e a maioría elexiu "O ROUBO DA CABEZA" 

Como nos gustou tanto a historia que crearamos, decidimos interpretarla na biblioteca dentro da VI Semana das Lecturas Terroríficas, quedando demostrado que todos son uns grandes artistas.


samain from Sandra on Vimeo.

CÓNTAME UN CADRO DE ...DALÍ