Este será o espazo web dos nenos e nenas do CEIP Milladoiro de Malpica que, durante os cursos 2015/16 e 2016/17, aprenderán de pintura e artistas a través de variadas e coloridas experiencias.
26/06/17
Fin PDI bianual: Pintamos moito!
Neste vídeo recóllese parte do traballo realizado dentro do Proxecto Documental Integrado, Pintamos moito! que levamos a cabo durante estes dous anos. Tivemos presente a educación artística como unha parte esencial do proceso educativo, traballando a pintura dende unha perspectiva multidisciplinar e podendo levarse a cabo gracias a implicación de todo o claustro, o alumnado, as familias, a comunidade... E imposible recoller todo o traballo, a motivación, o esforzo, a ilusión, as aprendizaxes adquiridas... nun vídeo, pero dalgunha maneira queda reflexado o enriquecimento que este proxecto supuxo para todos nós.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario