Os pícaros/as de 1º fixeron as súas propias reproducións dun cadro de Viki Rivadulla da súa colección "Mariñeiras".
Gozade das súas obras tanto como eles o fixeron pintando e montando o collage con elementos do mar. Cada unha das obras é única e especial, coma eles/as.
Uns verdadeiros artistas!
Este será o espazo web dos nenos e nenas do CEIP Milladoiro de Malpica que, durante os cursos 2015/16 e 2016/17, aprenderán de pintura e artistas a través de variadas e coloridas experiencias.
30/04/17
24/04/17
A NOITE ESTRELADA (4º E.I.)
Fixemos o cadro "A noite estrelada" de Vincnet Van Gogh basándonos no vídeo que atopamos en youtube, Van Gogh Starry Night Interactive Animation. Para facelo fomos a cociña a experimentar que ocorre cando mesturamos leite, lavavaixela e pintura de dedos. E, con esa mestura fixemos as estrelas do cadro. Tamén observamos que ocorre se en vez de pintura de dedos mesturamos con colorante.
Cadros e emocións
Como traballo final do noso PDI propuxemos emparellar cadros con emocións. Despois de achegarnos a tantas obras e tantos artistas, pensamos que se trata dun trballo moi motivador.
Achegamos un listado de posibles emocións para que sexa máis doada a reflexión.
Para practicas: Que emoción cres que se reflicte neste cadro?
04/04/17
PICASSO (5º E.I.)
Na clase de 4 anos, despois de traballar os músicos de Botero, comezamos analizar que outros pintores fixeran cadros de músicos e descubrimos a Picasso. O primeiro que fixemos foi buscar información sobre este gran pintor e aprendimos moito con este vídeo:
Con este vídeo e con diferentes libros que encontramos na biblioteca descubrimos moitas cousas de Picasso, entre elas que pasou por diferentes épocas e nunha delas comenzou a empregar a técnica do collage, por exemplo no cadro dos músicos, así que nos tamén intentamos facer a nosa propia producción, podedes ver todas as fotos desta actividade no seguinte enlace: músicos de picasso.
Por último, fixemos uns retratos imitando a Picasso que nos fixeron moito gracia porque colocaba os ollos, a nariz e a boca de forma rara... e o resultado dos cadros foron moi simpáticos. Ademais empregamos unhas pinturas especiais que son témperas sólidas, así que podedes ver todo o proceso premendo no seguinte enlace: retratos Picasso.
PUNTILLISMO
Antes de marchar de vacacións de semana santa quixemos probar unha nova técnica plástica, o puntillismo, empregándolo para participar na elección da portada da revista escolar. Cada un fixo o seu propio debuxo e despois coloreámolo con esta técnica, podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: puntillismo.
02/04/17
BARRO
Finalmente terminamos de pintar as figuras de barro que fixemos a semana pasada na olería de Buño, tiñamos que ter moito coidado porque algunhas romperon no proceso aínda que quedaron moi ben, podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: barro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)