Dentro da PDI "Pintamos moito", a clase dos superhéroes e superheroínas estamos traballando a evolución da pintura, comezmos pola arte rupreste, despois os xeroglíficos exipcios e esta semana o símbolo exipcio do Ollo de Horus. Para traballar esto último, fixemos un pouquiño de maxia, mesturamos cola branca, espuma de afeitar e pintura negra, e fixemos a nosa obra dun modo divertido!!
18/11/15
13/11/15
Archimboldo (6º E.I.)
Esta semana estivemos estudiando o traballo de Arcimboldo, un pintor italiano que realizaba os seus cadros con elementos da natureza, especialmente con froitas e verduras. Tanto nos gustou que nos tamén quixemos facer os nosos cadros e os nosos retratos. Ademais fixemos un dos cadros de Arcimboldo coa técnica do puntillismo.
09/11/15
Cóntame un cadro... de medo! Resultados da Tarefa
Este foi o resultado. Un libro que recolle todas as narracións inventadas ao fío do cadro proposto en cada aula.
Unha marabilla!
06/11/15
Contame un cadro de medo: O roubo da cabeza (6º E.I.)
Este ano dentro da PDI do cole, Pintamos moito!, propuxéronnos realizar a actividade CÓNTAME UN CADRO...DE MEDO!. O cadro escollido para a clase de 6º E.I. foi "El espantapájaros" de César Pola.
A partir deste cadro inventamos entre todos un relato de medo. Primeiramente, de maneira individual, cada neno e nena escribiu o que lle pasara o espantallo, puxémolo en común e aqueles personaxes que mais apareceron foron os protagonistas da nosa historia. Finalmente eleximos un título, votámolo e a maioría elexiu "O ROUBO DA CABEZA"
Como nos gustou tanto a historia que crearamos, decidimos interpretarla na biblioteca dentro da VI Semana das Lecturas Terroríficas, quedando demostrado que todos son uns grandes artistas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)