Amosando publicacións coa etiqueta 4 anos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4 anos. Amosar todas as publicacións

04/04/17

PICASSO (5º E.I.)

Na clase de 4 anos, despois de traballar os músicos de Botero, comezamos analizar que outros pintores fixeran cadros de músicos e descubrimos a Picasso. O primeiro que fixemos foi buscar información sobre este gran pintor e aprendimos moito con este vídeo:




Con este vídeo e con diferentes libros que encontramos na biblioteca descubrimos moitas cousas de Picasso, entre elas que pasou por diferentes épocas e nunha delas comenzou a empregar a técnica do collage, por exemplo no cadro dos músicos, así que nos tamén intentamos facer a nosa propia producción, podedes ver todas as fotos desta actividade no seguinte enlace: músicos de picasso.



 Gustounos tanto os diferentes cadros de Picasso que para a actividade da PDI do museo das portas eleximos o cadro "Dos mujeres leyendo", que deunos moito traballo pintalo pero o resultado foi estupenda e a actividade resultou moi enriquecedora, podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: Mujeres leyendo de picasso.




Por último, fixemos uns retratos imitando a Picasso que nos fixeron moito gracia porque colocaba os ollos, a nariz e a boca de forma rara... e o resultado dos cadros foron moi simpáticos. Ademais empregamos unhas pinturas especiais que son témperas sólidas, así que podedes ver todo o proceso premendo no seguinte enlace: retratos Picasso.



21/02/17

BOTERO EN 5º E.I.


Esta semana comezamos a traballar o pintor, escultor e debuxante colombiano FERNANDO BOTERO. Primeiro estivemos analizando os seus cadros a través dunha presentación de power point, quedándonos claro que Botero pinta obxectos e persoas con volumen.



Fernando Botero de Salesianos Santander


Ampliando esta información cun conto de ZAMBA, visita o museo de Botero:



Despois estivemos traballando como nos dibuxamos nos  e como nos dibuxaría botero, quedando resultados moi simpáticos.



E o xoves convertémonos en pintores e escultores reproducindo algunha das obras de Botero, podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: botero.

26/11/16

El grito de MUNCH (5º E.I.)

Esta semana comezamos a traballar o cadro "El grito" de Munch, xa que aparece unha persoa moi asustada e non sabemos porque. Desta maneira, o primeiro que fixemos foi analizar porque ten esa cara de susto e apareceron ideas moi diversas: unha pantasma, unha ola xigante, uns policías, unha tormenta... Despois cada un de nos puxemos esa cara de susto, xa que pintamos o cadro e sustituimos a súa pola nosa, foi un proceso moi divertido.
Se queredes ver todo o proceso de creación dos cadros, premede no seguinte enlace: "El grito" de Munch.


Con a cara de susto fixemos uns gift moi divertidos, e premendo na seguinte imaxe podedes ver cada un deles.

https://goo.gl/photos/bzquiJ5yhNVB5sA79

23/10/16

Bailando por miedo de PAUL KLEE (5º E.I.)


A mascota da biblioteca, Leo, propúxonos unha actividade moi divertida, titulada Cámbiache ben o conto! Para iso tiñamos que escoller un cadro e transformalo, pintándoo con cores fríos e con cores cálidos. Desta maneira, escollimos o cadro que xa estabamos traballando Bailando por miedo de Paul Klee. Traballamos os cores, clasificándoos, combinándoos... e, despois, escollimos quen os pintaba con cores fríos e quen con cores cálidos. Cando xa estiveron todos feitos inventamos unha historia para cada un deles. No seguinte vídeo tedes un resumo de toda a actividade.


Paul Klee - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

E estas son cada unha das historias que entre toda a clase inventamos.


CADRO DE CORES FRÍAS _ EXCURSIÓN AO POLO NORTE
Estando un grupo de amigos, mamás e papás cos seus fillos, decidiron facer unha viaxe. Non sabían a onde ir e discutían, levantando a man, porque cada un quería ir a un sitio diferente. De repente, alguén suxeriu que poderían facer unha expedición ao Polo Norte e a todos pareceulles unha idea estupenda. Fixeron as maletas e subíronse ao avión para comezar esta nova aventura. Cando chegaron quedaron encantados con aquela paisaxe, todo era branco e fermoso pero comezaban a sentir o frío a pesar de que estaban moi abrigados. Levaron un bo susto xa que atoparon uns lobos “polares” que mostraban os seus dentes afiados pero, por sorte, puideron escapar deles. Ao día seguinte encontraron unha pista de patinaxe e… que risas porque había un can patinando, así que todos quixeron patinar con el,  tanto os maiores como os pequenos.  Tan ben o estaban pasando que quitaron os abrigos pero pouco a pouco comezaron a sentir o frío e non poder moverse, quedaran xeados. Que farían agora? Menos mal cunha mamá non quitara o abrigo e aínda podía moverse un pouco, así que chamou a un helicóptero de bombeiros, que pronto chegaron, estes fixeron unha lume moi grande e foron arrimando a cada un dos patinadores para que así puideran comezar a moverse. Desta maneira, o que aprenderon é que non se pode quitar os abrigos aínda que pareza que fai calor.

CADRO CORES CÁLIDAS _ EXCURSIÓN A ILLA VOLCÁNICA
Un grupo de excursionistas decidiu facer unha viaxe a unha illa moi bonita que tiña un volcán que querían ir visitar. Para iso tiñan que levar todo o que precisaban para escalar e para acampar pola illa. Chegaron a illa en barco e xa buscaron un sitio onde montar o seu campamento. De noite comezaba a facer moito frío e fixeron un lume pero algún dos excursionistas acercáronse demasiado e case queimasen. O día seguinte colleron as súas cousas e comezaron a subir polo camiño, xa que querían chegar ao borde do volcán e ver a lava. Cando estaban no medio do camiño sentíronse uns ruídos e tiveron que poñerse a resgardo porque comezaban a caer pedras grandes. O volcán entrou en erupción, a lava caía ladeira abaixo e queimaba todo o seu paso, así que tiñan que escapar correndo desa illa rapidamente. Baixaron correndo e subíronse ao barco pero este era un velero  e non había vento, como marcharían da illa? De repente comezou unha gran tormenta, que xunto coa lava que caía e as rochas era unha paisaxe que daba moito medo pero que fixo mover ao barco moi rápido e así poder escapar desa lava que tanto queimaba. Desta maneira, puideron chegar cada un as súas casas e poñerse a salvo.

30/05/16

Frida Kahlo ( 5º EI )


Continuando co Proxecto de pintura, traballamos a Frida Kahlo. Entre outras actividades fixemos un mural da nosa cara imitandoa, e aprendimos algunas cousas dela, ademáis de contos, por esta web, encantounos!!!
ENLACE WEB: http://infantil.museofridakahlo.org.mx/

11/04/16

VAN GOGH : A NOITE ESTRELADA ( 5º EI )



A semana pasada comezamos a traballar o Impresionismo a partir de Van Gogh. O cadro da semana foi A noite Estrelada, pintamos una réplica do mesmo, interpretamos una noite estrelada a partir de trazos curvos facendo nubes e estrelas con asteriscos, e vimos un capítulo de Little Einstein no que se traballa este cadro coa música de Beethoven, encantounos e aprendimos un montón!!!
hipocampillo's noite estrelada van gogh album on Photobucket

10/04/16

AS MENINAS ( 5º I )



Antes de marchar de vacacións de Semana Santa, traballamos a Velázquez a partir dun dos seus cadros máis famosos, As meninas, utilizando as técnicas aprendidas ( picado, pegado, rasgado, ceras blandas, acuarela, plastilina...). Agora, á volta, rematouse o traballo pendente dun peque, e por fin xa temos as nosas 14 interpretacións do cadro no tendedeiro da clase.
hipocampillo's MENINAS album on Photobucket

04/03/16

Día de Rosalía: os peques de catro anos ( 5º ei )

A semana pasada celebramos no cole o Día de Rosalía, unha pequena mostra do traballo dos superheroes e superheroínas!!



03/03/16

O MAPA DO TESOURO ( 5º EI )

Onte fixemos o xogo do Mapa do Tesouro, a misión era atopar, a través do mapa do patio, os catro tesouros escondidos, así pois dividimos a clase en catro grupos, estaban o equipo 1, o 2, 3 e 4. Cada equipo tiña un mapa e o número onde estaba o seu tesouro. Atopamos os catro tesouros e o subir á clase abrímolos todos xuntos, A EXPECTACIÓN ERA MÁXIMA!!!! Resultou que eran catro pezas dun puzle, e ó xuntalas descubrimos que era un cadro de Viki Rivadulla, a pintora que está a punto de visitarnos!!!






14/02/16

MUSEO DE BELAS ARTES ( 5º EI )



O venres, todos os nenos e nenas de infantil, visitamos o Museo de Belas Artes da Coruña. Ó chegar pola mañá á escola, falamos sobre o que íamos ver, as normas dun museo e do que pasaría ese día, para que os peques puideran predecir de antemán o que pasaría na xornada. Despois visita rápida ó baño e en bus ata Coruña. Unha vez alí, sentámonos a merendar as galletas con e sen chocolate e a auga que levamos as profes. As chicas do museo, fixeron dous grupos, con Nuria marcharon os nenos e nenas de 6º de EI, e os de 5º E 4º de EI quedamos con Mónica. Primeiro analizamos unha escultura dunha árbore, que era, como a farían, cualidades... despois analizamos un cadro moi grande, no que estaba representado Hércules, e contaronnos a historia de cómo Hércules sacou a Xerión, o xigante que vivía na Coruña, da cidade e da Torre de Hércules, que posteriormente coloreamos. Continuamos a visita observando varios cadros da época barroca, fíxonos moita gracia que utilizaran perrucas brancas!!! Despois vimos un cadro de Urbano Lugris, un cadro no que representaba a cidade da Coruña e un de Seoane, feito cun montón de cores e a base da técnica de puntos, o que deu pé a que xogaramos con papel celofán e fixeramos parecer novas cores xuntando o celofán. Rematamos a visita pintando e pegando papeis unha representación do cadro de Seoane!!
hipocampillo's VISITA AL MUSEO album on Photobucket

18/11/15

SESIÓN DE CINE INFANTIL ( 5º EI )

Hoxe o ciclo de infantil tivemos una sesión de cine no centro cívico de Malpica. Vimos a peli de ParaNorman, gustounos moitísimo e pasamos un bo rato de medo, vendo como Norman salvaba á vila da maldición da bruxa!!