Este ano conocimos moitos pintores con motivo do proxecto do centro e quixemos rematar na clase de 6º E.I. con Leandro Lamas, xa que ilustrou algúns dos poemas de Manuel María, como por exemplo no libro-CD Canta o cuco, onde estes son cantados por Uxía e Magín Blando. Desta maneira, primeiro buscamos na biblioteca libros que ilustrara Leandro Lamas, despois visonamos algunha das súas obras e, finalmente, fixemos a nosa propia interpretacións, cada un dun cadro distinto.
Este será o espazo web dos nenos e nenas do CEIP Milladoiro de Malpica que, durante os cursos 2015/16 e 2016/17, aprenderán de pintura e artistas a través de variadas e coloridas experiencias.
Amosando publicacións coa etiqueta manuel maria b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta manuel maria b>. Amosar todas as publicacións
13/06/16
12/06/16
ACUARELAS DE GALICIA
Despois de repasar os poemas de Manuel María, finalizamos o seu estudio na clase de 6º E.I. co poema de Galicia. Analizamos todos os versos buscando imaxes de Galicia que tiveran montañas, portos mariñeiros, cidades, ríos... tal e como indica o poema. O que mais nos gustou foi a versión de Suso Vaamonde.
Finalmente fixemos as nosas paisaxes de Galicia con acuarela e ceras brandas.
31/05/16
Empanadillas poéticas
Parecen empanadillas, verdade?
Pero non son unhas empanadillas calquera. Non. Son empanadillas poéticas!
Dentro, levan un poema de Manuel María que cada un terá que descubrir e ilustralo.
Estes rapaciños de cinco anos son uns artistas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




