19/10/15

E.I.4 anos: Murciélago. Fragmento


Da obra EL murciélago de Spartacus Chetwynd, escolleron un fragmento. A obra completa podese ver aquí

E.I. 5 anos: El espantapájaros. César G. Pola

A imaxe procede de aquí

Entre todos os nenos e nenas de 6º E.I. creamos o seguinte conto de medo:

"O ROUBO DA CABEZA"
Era Samaín, 31 de outubro, e a noite caía fría, ventosa... Un pobre espantallo atopábase só no medio da leira cando estaba apiques de caer unha gran tormenta. Vestido coa súa roupa vella, a súa cabeza de cabaza e o seu vello sombreiro de palla, tremía de frío e de medo cos primeiros raios e tronos. Comezou a chover e chover, a caer mais e mais raios, cando de súpeto un gran lostrego iluminou o ceo e o raio caeu encima das rapos vellas do  pobre espantallo. O lume estendeuse velozmente polo seu traxe deixándolo feito anacos.

Alleo á tormenta, e como noite de Samaín que era, apareceu un vampiro con fame, quería sangue, e vendo aquel espantallo tan desvalido pegoulle unha dentada no seu pescozo para obter a cea, coa sorpresa de que a súa boca enchéuselle de palla e moi enfadado, pola fame que tiña, roubóulle o sombreiro o pobre espantallo.

Non lle deu tempo o espantallo de queixarse da súa mala sorte, cando de súpeto apareceron catro lobos. Rodeárono, cheirárono... e como sabía que non era carne, o único que fixeron foi arrancar as poucas roupas sen queimar que lle quedaban.

Pobre espantallo, como podía ter nunha noite tan mala sorte? que mais lle podía pasar? Non, non pode ser! pois non viña ahí un oso que lle mordeu nas súas pernas, pero o seren estas de madeira e oso ter fame, rouboulle a cabaza que tiña por cabeza.

Xa non tiña roupa, xa non tiña sombreiro e tampouco tiña cabeza... tanta pena lle deu os paxaros, que a pesares que todos os días os espanta para que non coman as sementes, axudaron o desvalido espantallo e recuperaron o seu sombreiro  que levara o vampiro, a roupa dos lobos, a cabaza que aínda non comera o oso e incluso apagáronlle a roupa.  Dende aquel día, o espantallo agradecido déixalles comer algunha semente os seus novos amigos, os paxaros.

E COLORÍN COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATO, E SE MOITO MEDO PASACHES, TEN COIDADO CON ESTAS PERSONAXES.