Amosando publicacións coa etiqueta PAZ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PAZ. Amosar todas as publicacións

26/01/17

Guernica. A Paz



Premendo sobre a imaxe poderás facer o crebacabezas dese cadro.
Xa sabes que se trata do Guernica pintado por Pablo Picasso

Para saber máis sobre o cadro podes visitar ESTE SITIO.
Estoutro tamén che valerá.

Tamén podes ver ESTE VIDEO
E tamén ESTE
E ESTE.

02/02/16

Monllo pola paz


Así de vistoso nos quedou o monllo pola paz que colocamos na entrada do cole. A actividade foi realizada por todo o alumnado co gallo do Día escolar pola Paz e no marco do PDI deste ano: a pintura 
A obra orixinal é de Henri Matisse (La Gerbe, 1953)

13/01/16

Un manoxo pola PAZ

Case ao final da súa vida, en 1953, Henry Matisse pintou este cadro usando a técnica de gouache sobre papel cunha s medidas reais de 2,93m x 3,5m. Moi grande! Actualmente este cadro está no Museo de Arte Hammer de Los Angeles. Ao final da súa vida, a Matisse abondáballe cunhas tesoiras para debuxar sobre os papeis que previamente encheran de cor os seus axudantes. Par este cadro, tomou como modelo as follas dunha enorme planta (monstera deliciosa ou costela de Adán)que tiña no seu taller. A nós pareceunos moi acaída para celebrar xuntos o Día da PAZ. Porque sabemos que para construir a PAZ precísanse todas as mans. Un feixe, un mañuzo, un brazado, un manoxo...
TODOS XUNTOS