Case ao final da súa vida, en 1953,
Henry Matisse pintou este cadro usando a técnica de gouache sobre papel cunha s medidas reais de 2,93m x 3,5m. Moi grande! Actualmente este cadro está no Museo de Arte Hammer de Los Angeles.
Ao final da súa vida, a Matisse abondáballe cunhas tesoiras para debuxar sobre os papeis que previamente encheran de cor os seus axudantes.
Par este cadro, tomou como modelo as follas dunha enorme planta (
monstera deliciosa ou costela de Adán)que tiña no seu taller.
A nós pareceunos moi acaída para celebrar xuntos o Día da PAZ.
Porque sabemos que para construir a PAZ precísanse todas as mans. Un feixe, un mañuzo, un brazado, un manoxo...
TODOS XUNTOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario