26/06/17

Fin PDI bianual: Pintamos moito!


Neste vídeo recóllese parte do traballo realizado dentro do Proxecto Documental Integrado, Pintamos moito! que levamos a cabo durante estes dous anos. Tivemos presente a educación artística como unha parte esencial do proceso educativo, traballando a pintura dende unha perspectiva multidisciplinar e podendo levarse a cabo gracias a implicación de todo o claustro, o alumnado, as familias, a comunidade... E imposible recoller todo o traballo, a motivación, o esforzo, a ilusión, as aprendizaxes adquiridas... nun vídeo, pero dalgunha maneira queda reflexado o enriquecimento que este proxecto supuxo para todos nós.

EMOCIONARTE final

Para culminar todo o traballo levado a cabo durante estes dous anos en torno a pintura, realizamos unha actividade final onde combinamos arte, música, emocións e TIC. Como xa explicamos en entradas anteriores, cada titor/a elixiu un cadro que representara unha emoción, unha música representativa para esa emoción e o equipo TIC encargouse de facer un código QR para cada cadro, desta maneira cada clase foi coa tablet descubrindo as músicas ocultas en cada cadro. Finalmente, cada aula representou o cadro elixido no Chroma obtendo este fascinante vídeo.


EMOCIONARTE DEFINITIVO from bemilladoiro on Vimeo.

24/06/17

Aqui aprendemos, xuntos soñamos!



Con este fermoso mural exterior, deseño do pintor e ilustrador Mon Lendoiro, damos por rematado o PDI deste curso escolar. Trátase dun mural colaborativo no que participou todo o alumnado do centro guiado polo artista carballés.
Grazas Mon polo teu traballo desinteresado e por contribuir a que teñamos un cole máis bonito!

23/06/17

MURAL MON LENDOIRO

Tivemos a gran sorte de contar co pintor carballés Mon Lendoiro para alegrarnos unha das paredes principais do centro e que cada vez que entremos nos invite a soñar e nos dea gañas de traballar. Ademias deixounos colaborar con moito coidado e seguindo as súas instrucións neste mural que finalmente fixemos entre todos. Aquí tedes algunhas das fotos dos nenos e nenas de 4 anos cos maiores de 6º de E.P. que traballaron conxuntamente: mural Mon Lendoiro.



PORTAS CON ARTE (Museo Milladoiro)

Unha das últimas actividades que realizamos neste proxecto foi convertir o noso centro nun verdadeiro museo pintando as portas das aulas con obras de arte, dende pintores galegos como Leandro Lamas, Viki Rivadulla, Urbano Lugrís, Maruja Mallo ata os máis internacionais como Picasso, Van Gogh, Terry Frost..., entre outros, finalizando co traballo realizado por Mon Lendoiro nunha parede exterior do centro. Podedes ver os laboriosos traballos no seguinte documento.

21/06/17

MUSEO MILLADOIRO

Hoxe estivemos visitando o Museo Milladoiro, parámonos en cada unha das paredes decoradas cos traballos dos nosos compañeiros/as intentando adiviñar que artistas traballaran. Ademais estivemos escoitando as músicas que cada clase elexiu para o seu cadro relaciondas cunha emoción, formando parte da actividade EmocionARTE. Nos as escoitamos a través dos códigos Qr descubríndoas coa tablet pero tamén se poden consultar todos os cadros, as músicas e emocións na páxina web creada pola mestra de música. Tamén estivemos visitando os circuítos dos alumnos e alumnas de 6º de E.P., tendo a sorte de que explicáronos algúns. Todas as fotos as podedes ver premendo no seguinte enlace: Emocionarte







Malpica "Socialmente Natural"_1º

Os pícaros de 1ºA pechamos o proxecto Malpica creando, coa técnica croma, unha reportaxe-resumo de Ciencias Sociais e Naturais. Esperamos que vos guste! Nós pasámolo en grande!

15/06/17

EMOCIONARTE (4º E.I.)

A partir do cadro "Rompientes" da pintora Carlota Bueno Hermida, traballamos dúas emocións: o enfado e a valentía.

Principalmente traballamos o enfado, xa que foi a primeira emoción que se lles ocorreu nada máis ver o cadro. E, tamén, porque ao ser tan pequenos cóstalles moito regular os seus enfados. Así que a partir do conto "Vaya rabieta", empezamos a traballar como podemos desfacernos dese desacougo cando algo non nos gusta. Se queredes ver o conto pinchade no seguinte enlace VAYA RABIETA. Tamén vimos outros cotnos: "La rabieta de Julieta", "O monstro de cores" e "Asé es mi corazón".

E, para traballar a valentía fixémolo co conto de "Nadarín", que a parte de ensinarnos que ser diferente é bo e enriquecedor, e, que a colaboración e cooperación cos demais é importante. Tamén conta o valente que é o seu protagonista nas súas andanzas polo mar. Para ver o conto pinchade no seguinte enlace NADARÍN.


09/06/17

Emocionarte

O noso PDI deste curso ten varios productos finais. Un deles é o que estades a ver.
Trátase dunha actividade na que reunimos cadros, emocións e música.

Cada aula escolleu unha (ou máis) obras de arte de entre as que coñeceron durante o Proxecto, identificaron a emoción que suxire o cadro e escolleron unha peza musical que, ao seu ver, expresa ben ese sentimento.

A profe de Música foi a encargada de ofrecer unha selección de pezas para que cada aula escollera aquela que se adaptaba mellor.

Encántanos o resultado pois fomos quen de falar de algo tan complicado como son as emocións e buscarlles distintos modos de expresión (plástica e musical)

O resultado é o que vedes. Premendo sobre a imaxe poderedes ver o traballo.