Amosando publicacións coa etiqueta emocionarte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta emocionarte. Amosar todas as publicacións

26/06/17

EMOCIONARTE final

Para culminar todo o traballo levado a cabo durante estes dous anos en torno a pintura, realizamos unha actividade final onde combinamos arte, música, emocións e TIC. Como xa explicamos en entradas anteriores, cada titor/a elixiu un cadro que representara unha emoción, unha música representativa para esa emoción e o equipo TIC encargouse de facer un código QR para cada cadro, desta maneira cada clase foi coa tablet descubrindo as músicas ocultas en cada cadro. Finalmente, cada aula representou o cadro elixido no Chroma obtendo este fascinante vídeo.


EMOCIONARTE DEFINITIVO from bemilladoiro on Vimeo.

21/06/17

MUSEO MILLADOIRO

Hoxe estivemos visitando o Museo Milladoiro, parámonos en cada unha das paredes decoradas cos traballos dos nosos compañeiros/as intentando adiviñar que artistas traballaran. Ademais estivemos escoitando as músicas que cada clase elexiu para o seu cadro relaciondas cunha emoción, formando parte da actividade EmocionARTE. Nos as escoitamos a través dos códigos Qr descubríndoas coa tablet pero tamén se poden consultar todos os cadros, as músicas e emocións na páxina web creada pola mestra de música. Tamén estivemos visitando os circuítos dos alumnos e alumnas de 6º de E.P., tendo a sorte de que explicáronos algúns. Todas as fotos as podedes ver premendo no seguinte enlace: Emocionarte







15/06/17

EMOCIONARTE (4º E.I.)

A partir do cadro "Rompientes" da pintora Carlota Bueno Hermida, traballamos dúas emocións: o enfado e a valentía.

Principalmente traballamos o enfado, xa que foi a primeira emoción que se lles ocorreu nada máis ver o cadro. E, tamén, porque ao ser tan pequenos cóstalles moito regular os seus enfados. Así que a partir do conto "Vaya rabieta", empezamos a traballar como podemos desfacernos dese desacougo cando algo non nos gusta. Se queredes ver o conto pinchade no seguinte enlace VAYA RABIETA. Tamén vimos outros cotnos: "La rabieta de Julieta", "O monstro de cores" e "Asé es mi corazón".

E, para traballar a valentía fixémolo co conto de "Nadarín", que a parte de ensinarnos que ser diferente é bo e enriquecedor, e, que a colaboración e cooperación cos demais é importante. Tamén conta o valente que é o seu protagonista nas súas andanzas polo mar. Para ver o conto pinchade no seguinte enlace NADARÍN.


09/06/17

Emocionarte

O noso PDI deste curso ten varios productos finais. Un deles é o que estades a ver.
Trátase dunha actividade na que reunimos cadros, emocións e música.

Cada aula escolleu unha (ou máis) obras de arte de entre as que coñeceron durante o Proxecto, identificaron a emoción que suxire o cadro e escolleron unha peza musical que, ao seu ver, expresa ben ese sentimento.

A profe de Música foi a encargada de ofrecer unha selección de pezas para que cada aula escollera aquela que se adaptaba mellor.

Encántanos o resultado pois fomos quen de falar de algo tan complicado como son as emocións e buscarlles distintos modos de expresión (plástica e musical)

O resultado é o que vedes. Premendo sobre a imaxe poderedes ver o traballo.

15/05/17

Pictopoemocionario. 6º Primaria

Leer más publicaciones en Calaméo Aproveitando o achegamento que fixéramos ás obras de arte de tarefas anteriores, resaltamos a emoción que caracteriza cada cadro e expresámola de xeito poético. Velaí o resultado!

24/04/17

Cadros e emocións

Como traballo final do noso PDI propuxemos emparellar cadros con emocións. Despois de achegarnos a tantas obras e tantos artistas, pensamos que se trata dun trballo moi motivador. Achegamos un listado de posibles emocións para que sexa máis doada a reflexión. Para practicas: Que emoción cres que se reflicte neste cadro?