19/02/16

SEOANE en 6º E.I.

Despois da nosa visita ao museo de Belas Artes de Coruña gustounos tanto os cadros de Luis Seoane, xa que teñen tantos cores, que nos tamén fixemos o noso cadro de La figura, vimos na pantalla mais cadros de Seoane e buscamos o seu título, fixemos combinacións de cores... este é un pequeno resumo do traballo realizado.




SEOANE from Sandra Cao on Vimeo.

17/02/16

MATISSE en 6º E.I.


MATISSE from Sandra Cao on Vimeo.

Despois de traballar toda a semana da PAZ a Matisse, gustounos tanto este pintor francés e a súa historia contada no libro Las tijeras de Matisse, que nós tamén quixemos facer os nosos cadros recortando con tesoiras e no vídeo recóllese todo o proceso e o resultado final. 

14/02/16

MUSEO DE BELAS ARTES ( 5º EI )



O venres, todos os nenos e nenas de infantil, visitamos o Museo de Belas Artes da Coruña. Ó chegar pola mañá á escola, falamos sobre o que íamos ver, as normas dun museo e do que pasaría ese día, para que os peques puideran predecir de antemán o que pasaría na xornada. Despois visita rápida ó baño e en bus ata Coruña. Unha vez alí, sentámonos a merendar as galletas con e sen chocolate e a auga que levamos as profes. As chicas do museo, fixeron dous grupos, con Nuria marcharon os nenos e nenas de 6º de EI, e os de 5º E 4º de EI quedamos con Mónica. Primeiro analizamos unha escultura dunha árbore, que era, como a farían, cualidades... despois analizamos un cadro moi grande, no que estaba representado Hércules, e contaronnos a historia de cómo Hércules sacou a Xerión, o xigante que vivía na Coruña, da cidade e da Torre de Hércules, que posteriormente coloreamos. Continuamos a visita observando varios cadros da época barroca, fíxonos moita gracia que utilizaran perrucas brancas!!! Despois vimos un cadro de Urbano Lugris, un cadro no que representaba a cidade da Coruña e un de Seoane, feito cun montón de cores e a base da técnica de puntos, o que deu pé a que xogaramos con papel celofán e fixeramos parecer novas cores xuntando o celofán. Rematamos a visita pintando e pegando papeis unha representación do cadro de Seoane!!
hipocampillo's VISITA AL MUSEO album on Photobucket

06/02/16

Entroido de artistas

Entroido 2016 from bemilladoiro on Vimeo.

Algunhas imaxes do noso desfile de entroido que celebramos onte. Coma sempre, unha festa fermosa chea de momentos divertidos. Os días previos, como imaxinaredes, cheos de nerios e carreirs para conseguir rematar a tempo. O tema deste ano que, como sabedes é o do noso proxecto anual, foi a PINTURA.Pasámolo, xenial!

05/02/16

Exposición Entroido

Expo_Antroido from bemilladoiro on Vimeo.
Como xa é habitual, antes de cada celebración facemos unha selección de materiais que consideramos axeitados para documentatrnos e traballar cada tema. Esta foi a nosa exposición de materiais para o entroido.

"El cielo de la Polinesia" de MATISSE


Este ano festexamos a PAZ a través da pintura, os nenos e nenas de 5º e 6º de E.I. elaboramos un mural a partir do cadro El cielo de la Polinesia de Matisse. Foi un traballo conxunto que gustounos moito e que agora adorna a parede das duas clases.


Paz 2016 from Sandra Cao on Vimeo.

02/02/16

Monllo pola paz


Así de vistoso nos quedou o monllo pola paz que colocamos na entrada do cole. A actividade foi realizada por todo o alumnado co gallo do Día escolar pola Paz e no marco do PDI deste ano: a pintura 
A obra orixinal é de Henri Matisse (La Gerbe, 1953)