28/11/15

Pintamos con espuma de afeitar ( 5º EI )

Dentro da PDI "Pintamos moito", a clase dos superhéroes e superheroínas estamos traballando a evolución da pintura, comezmos pola arte rupreste, despois os xeroglíficos exipcios e esta semana o símbolo exipcio do Ollo de Horus. Para traballar esto último, fixemos un pouquiño de maxia, mesturamos cola branca, espuma de afeitar  e pintura negra, e fixemos a nosa obra dun modo divertido!!







INICIOS NA PINTURA (6º E.I.)

Nestes días adentrámonos un pouquiño máis no mundo da pintura cos retratos e os autorretratos, que leváronnos a descubrir a Van Gogh. Comezamos cun vídeo sobre os autorretratos dalgúns dos pintores máis famosos.





A partir deste vídeo analizamos diferentes estilos de pintura e quixemos facer os nosos autorretratos e, ademais, fixemos un retrato a un compañeiro e compañeira.











Descubrimos que un dos pintores que pintara moitos retratos e autorretratos foi Van Gogh e, ademais, que lle gustaba moito pintar xirasoles e puidemos observar un cadro destas plantas de cerca (aínda que non era de Van Gogh) e facer as nosas propias producións, esta vez empregando acuarelas.
















Este vídeo é un pequeno resumo de todo o traballo que realizamos:

18/11/15

SESIÓN DE CINE INFANTIL ( 5º EI )

Hoxe o ciclo de infantil tivemos una sesión de cine no centro cívico de Malpica. Vimos a peli de ParaNorman, gustounos moitísimo e pasamos un bo rato de medo, vendo como Norman salvaba á vila da maldición da bruxa!!


 

13/11/15

Archimboldo (6º E.I.)




Esta semana estivemos estudiando o traballo de Arcimboldo, un pintor italiano que realizaba os seus cadros con elementos da natureza, especialmente con froitas e verduras. Tanto nos gustou que nos tamén quixemos facer os nosos cadros e os nosos retratos. Ademais fixemos un dos cadros de Arcimboldo coa técnica do puntillismo.






06/11/15

Contame un cadro de medo: O roubo da cabeza (6º E.I.)

Este ano dentro da PDI do cole, Pintamos moito!, propuxéronnos realizar a actividade CÓNTAME UN CADRO...DE MEDO!. O cadro escollido para a clase de 6º E.I. foi "El espantapájaros" de César Pola.



A partir deste cadro inventamos entre todos un relato de medo. Primeiramente, de maneira individual, cada neno e nena escribiu o que lle pasara o espantallo, puxémolo en común e aqueles personaxes que mais apareceron foron os protagonistas da nosa historia. Finalmente eleximos un título, votámolo e a maioría elexiu "O ROUBO DA CABEZA" 

Como nos gustou tanto a historia que crearamos, decidimos interpretarla na biblioteca dentro da VI Semana das Lecturas Terroríficas, quedando demostrado que todos son uns grandes artistas.


samain from Sandra on Vimeo.

CÓNTAME UN CADRO DE ...DALÍ