Esta será unha das primeiras propostas do noso Proxecto. Agora que cada aula xa acordou os artistas nos que vai centrar o seu traballo, e con motivo do Samaín, imos convertir a expresión plástica en narrativa.
Así, cada aula seleccionou un cadro e agora disponse a contar con palabras o que suxire esa imaxe. Pódese contar o antes de..., o durante... ou o despois de...
Unha actividade coa que agardamos pasalo moi ben.
Iremos publicando as imaxes dos diferentes cadros escollidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario