23/10/16

Bailando por miedo de PAUL KLEE (5º E.I.)


A mascota da biblioteca, Leo, propúxonos unha actividade moi divertida, titulada Cámbiache ben o conto! Para iso tiñamos que escoller un cadro e transformalo, pintándoo con cores fríos e con cores cálidos. Desta maneira, escollimos o cadro que xa estabamos traballando Bailando por miedo de Paul Klee. Traballamos os cores, clasificándoos, combinándoos... e, despois, escollimos quen os pintaba con cores fríos e quen con cores cálidos. Cando xa estiveron todos feitos inventamos unha historia para cada un deles. No seguinte vídeo tedes un resumo de toda a actividade.


Paul Klee - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

E estas son cada unha das historias que entre toda a clase inventamos.


CADRO DE CORES FRÍAS _ EXCURSIÓN AO POLO NORTE
Estando un grupo de amigos, mamás e papás cos seus fillos, decidiron facer unha viaxe. Non sabían a onde ir e discutían, levantando a man, porque cada un quería ir a un sitio diferente. De repente, alguén suxeriu que poderían facer unha expedición ao Polo Norte e a todos pareceulles unha idea estupenda. Fixeron as maletas e subíronse ao avión para comezar esta nova aventura. Cando chegaron quedaron encantados con aquela paisaxe, todo era branco e fermoso pero comezaban a sentir o frío a pesar de que estaban moi abrigados. Levaron un bo susto xa que atoparon uns lobos “polares” que mostraban os seus dentes afiados pero, por sorte, puideron escapar deles. Ao día seguinte encontraron unha pista de patinaxe e… que risas porque había un can patinando, así que todos quixeron patinar con el,  tanto os maiores como os pequenos.  Tan ben o estaban pasando que quitaron os abrigos pero pouco a pouco comezaron a sentir o frío e non poder moverse, quedaran xeados. Que farían agora? Menos mal cunha mamá non quitara o abrigo e aínda podía moverse un pouco, así que chamou a un helicóptero de bombeiros, que pronto chegaron, estes fixeron unha lume moi grande e foron arrimando a cada un dos patinadores para que así puideran comezar a moverse. Desta maneira, o que aprenderon é que non se pode quitar os abrigos aínda que pareza que fai calor.

CADRO CORES CÁLIDAS _ EXCURSIÓN A ILLA VOLCÁNICA
Un grupo de excursionistas decidiu facer unha viaxe a unha illa moi bonita que tiña un volcán que querían ir visitar. Para iso tiñan que levar todo o que precisaban para escalar e para acampar pola illa. Chegaron a illa en barco e xa buscaron un sitio onde montar o seu campamento. De noite comezaba a facer moito frío e fixeron un lume pero algún dos excursionistas acercáronse demasiado e case queimasen. O día seguinte colleron as súas cousas e comezaron a subir polo camiño, xa que querían chegar ao borde do volcán e ver a lava. Cando estaban no medio do camiño sentíronse uns ruídos e tiveron que poñerse a resgardo porque comezaban a caer pedras grandes. O volcán entrou en erupción, a lava caía ladeira abaixo e queimaba todo o seu paso, así que tiñan que escapar correndo desa illa rapidamente. Baixaron correndo e subíronse ao barco pero este era un velero  e non había vento, como marcharían da illa? De repente comezou unha gran tormenta, que xunto coa lava que caía e as rochas era unha paisaxe que daba moito medo pero que fixo mover ao barco moi rápido e así poder escapar desa lava que tanto queimaba. Desta maneira, puideron chegar cada un as súas casas e poñerse a salvo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario